O pasado venres no noso cole celebramos o Samaín con diferentes actividades: talleres (de manualidades, maquillaxe e cine), actuacións musicais tanto en galego como en inglés, entrega de premios do concurso de cabazas e por último "trick or treat". Como veredes nas fotos pasámolo terroríficamente ben!!!!
lunes, 31 de octubre de 2016
lunes, 24 de octubre de 2016
OS VENRES: PRÉSTAMO DE CONTOS
O pasado venres comezamos o préstamo de contos da Biblioteca, é importante recordar que este día ou antes teñen que traer a bolsa co conto para poder levar outro.
domingo, 9 de octubre de 2016
VENRES DE CONTACONTOS!!!
Este venres comezou a segunda edición dos VENRES DE CONTACONTOS, cada venres o alumnado do 3º ciclo vai ás aulas contarlles contos ós nen@s dunrante o Proxecto Lector, a súa visita é moi agardada. Este ano en infantil estreáronse co conto dos tres porquiño. Fixérono xenial.
lunes, 13 de junio de 2016
viernes, 3 de junio de 2016
A LIMPAR!!!
Onte veu ó cole a mamá dunha nena explicarnos o seu traballo: LIMPADORA. Aprendemos e practicamos moitas cousas deste oficio: torcemos a fregona, pasamos a mopa, explicounos os diferentes utensilios que se empregan para limpar... Como podedes ver nas fotos estivemos moi afaenados. Moitas grazas.
miércoles, 1 de junio de 2016
SORPRESA: CHEGOU A POLICÍA!!!
Hoxe no cole da Armenteira recibimos unha visita moi especial para os nen@s: A POLICÍA.
Tivemos a sorte que o tío dunha alumna e un compañeiro viñeran ó cole falarnos desta profesión da que aprendemos un montón de cousas: que hai distintos tipos de policías, que empregan diferentes medios de transporte, que teñen varias vestimentas... Ademais de contarnos moitas cousas tamén nos deixaron fuchicar en todos os aparellos, incluso subir ó coche e poñer a serea, foi unha experiencia moi divertida. Tende coidado con cometer algunha infracción pois dende hoxe os nen@s da Armenteira teñen carnet de policÍa. Moitas grazas por visitarnos.
viernes, 27 de mayo de 2016
REVISIÓN MÉDICA (4-5anos)
Seguimos traballando os oficios en infantil e xa que unha das nenas quere ser doutura aproveitamos para facer un Centro Médico na nosa clase. A idea tivo tanto éxito que se esgotaron as citas. Curamos doenzas de todo tipo e por suposto ninguén marchou sen facer a revisión ocular e auditiva. Con estes pequenos doutores no Cole da Armenteira xa podemos estar un pouco máis tranquilos.
martes, 24 de mayo de 2016
VISITOUNOS UNHA CARRETILLERA
Onte recibimos a visita da tía dunha alumuna para explicarnos o seu traballo: carretillera. Coñecemos en que consiste este oficio, que perigos ten e que coidados hai que ter...; ademais como ela traballa de carretillera nunha fábrica de cefalópodos tamén coñecemos moitas cousas sobre estes animais: o pulpo, o calamar, a sepia, o rejo de potón... aprendemos un mundo de cousas!!! Moitas grazas por visitarnos.
lunes, 23 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS 2016
O venres celebramos o Día das Letras Galegas no noso cole con distintas actividades: unha pequena entrevista a un pequeno experto en Manuel María, visionado dos poemas de Manuel María ilustrados polos alumn@s do colexio e cancións de poemas de Manuel María que preparamos coa profe Paula de música. Os nen@s de infantil cantaron e bailaron a roda roda.
domingo, 22 de mayo de 2016
jueves, 19 de mayo de 2016
VISITA DUNHA ENFERMEIRA ESPECIAL
Como xa vos dixemos, estamos traballando os oficios en infantil e estamos encantados de recibir calquer visita relacionada con este tema.
Onte animouse a vir ó cole a avoa dunha alumna de 3 anos que traballa nun xeriátrico (gerocultora, para os nen@as enfermeira dos maiores), a súa visita axudounos a entender a importancia desta profesión para axudar ós nosos maiores.
Primeiro contounos un conto (¿Qué le pasa a la abuela?), logo falounos do que facía no seu traballo, ensinounos algúns utensilios que emprega e incluso nos deixou probar o seu uniforme. Mirade que guapos estamos!!!
domingo, 8 de mayo de 2016
BOMBEIROS, CONSERVAS CAMBADOS, AQUAREI PUBLIC
O pasado mércores fixemos unha saída moi íntensa: a primeira hora visitamos os Bombeiros do Salnés (manipularon distintos aparellos que empregan os bombeiros, subiron ó camión, puxeron o casco, andiveron coa magueira...); despois de repoñer enerxía coa merenda visitamos Conservas Cambados onde vimos o proceso dende que o peixe chega a conserveira ata que está listo para vender no súper ademais de facer unha actividade de empacado de gominolas e por último visitamos aquarei public, un empresa de serigrafía na que nos ensinaron como se fan as chapas e as pañueletas que cada nen@o despois levou para a súa casa. MOITAS GRAZAS A ESTAS TRES EMPRESAS.
jueves, 5 de mayo de 2016
A VISITA ÓS BOMBEIROS NA VOZ DE GALICIA
Onte, o alumnado de infantil e do 1º ciclo visitou o Parque de Bombeiros do Salnés, as instalacións de Conservas Cambados e a empresa de serigrafía aquarei public. Foi unha mañá con moita actividade, pois ademais de visitar, os nen@s poidemos facer moitas cousas.
Pinchando aquí podedes ver a noticia da Voz de Galicia na que aparece a visita ós bombeiros. Estade atentos, nos próximos días poñeremos a presentación das fotos desta saída.

DÍA DO LIBRO
O pasado día 22 de abril no Cole da Armenteria celebramos o Día do Libro con diversas actividades: contacontos feitos polos alumn@s, recitado de poemas de Manuel María, presentación de libros feitos polos nen@s, feira do libro... Os nen@s de infantil representaron dous contos: una flor muy orgullosa (3 e 4 anos) e os Chibos Chibóns (4-5anos).
martes, 1 de marzo de 2016
SAÍDA A BAROSA
Hoxe visitamos o Parque natural de Barosa, foi unha saída moi entretida pois ademais de pasalo ben aprendemos moitas cousas de sementes, de fariñas, dos muíños, dos fornos, de amasar... Pasámolo xenial como poderedes comprobar nas fotos!!!
miércoles, 30 de septiembre de 2015
sábado, 19 de septiembre de 2015
FACENDO ZUME DE UVA - COLLEITA 2016
O venres no Cole da Armenteira, como xa é tradición nos últimos anos, os nenos e nenas de infantil, elaboraron un riquísimo zume coas uvas que trouxeron das súas casas. Moitas grazas ás familias por colaborar. Xa veredes nas fotos como traballaron estes nen@s.
martes, 1 de septiembre de 2015
INFORMACIÓN INICIO DO CURSO 2015-2016 (INFANTIL)
- As clases comezan o xoves 10 de setembro.
- REUNIÓN para as familias do alumnado de infantil: MARTES 8 de setembro ás 4 da tarde.
- PERÍODO DE ADAPTACIÓN (3 ANOS)
- DÍAS 10, 11, 14 e 15 de setembro: de 10 a 1 do mediodía.
- Despois o horario é normal (de 9 a 2)
domingo, 16 de agosto de 2015
domingo, 28 de junio de 2015
sábado, 27 de junio de 2015
miércoles, 13 de mayo de 2015
CONCERTO DE PACO CHARLÍN E VIRXILIO DASILVA
jueves, 12 de marzo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




