viernes, 27 de mayo de 2016

REVISIÓN MÉDICA (4-5anos)

Seguimos traballando os oficios en infantil e xa que unha das nenas quere ser doutura aproveitamos para facer un Centro Médico na nosa clase. A idea tivo tanto éxito que se esgotaron as citas. Curamos doenzas de todo tipo e por suposto ninguén marchou sen facer a revisión ocular e auditiva. Con estes pequenos doutores no Cole da Armenteira xa podemos estar un pouco máis tranquilos.

martes, 24 de mayo de 2016

VISITOUNOS UNHA CARRETILLERA

Onte recibimos a visita da tía dunha alumuna para explicarnos o seu traballo: carretillera. Coñecemos en que consiste este oficio, que perigos ten e que coidados hai que ter...; ademais como ela traballa de carretillera nunha fábrica de cefalópodos tamén coñecemos moitas cousas sobre estes animais: o pulpo, o calamar, a sepia, o rejo de potón... aprendemos un mundo de cousas!!! Moitas grazas por visitarnos.

                                                      
              

lunes, 23 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

O venres celebramos o Día das Letras Galegas no noso cole con distintas actividades: unha pequena entrevista a un pequeno experto en Manuel María, visionado dos poemas de Manuel María ilustrados polos alumn@s do colexio e cancións de poemas de Manuel María que preparamos coa profe Paula de música. Os nen@s de infantil cantaron e bailaron a roda roda.


jueves, 19 de mayo de 2016

VISITA DUNHA ENFERMEIRA ESPECIAL

 Como xa vos dixemos, estamos traballando os oficios en infantil e estamos encantados de recibir calquer visita relacionada con este tema.
Onte animouse a vir ó cole a avoa dunha alumna de 3 anos que traballa nun xeriátrico (gerocultora, para os nen@as enfermeira dos maiores), a súa visita axudounos a entender a importancia desta profesión para axudar ós nosos maiores.
Primeiro contounos un conto (¿Qué le pasa a la abuela?), logo falounos do que facía no seu traballo, ensinounos algúns utensilios que emprega e incluso nos deixou probar o seu uniforme. Mirade que guapos estamos!!!
Moitísimas grazas por visitarnos! Se alguén máis se anima os nen@as e as profes estarán encantados de  recibirvos!





domingo, 8 de mayo de 2016

BOMBEIROS, CONSERVAS CAMBADOS, AQUAREI PUBLIC

O pasado mércores fixemos unha saída moi íntensa: a primeira hora visitamos os Bombeiros do Salnés (manipularon distintos aparellos que empregan os bombeiros, subiron ó camión, puxeron o casco, andiveron coa magueira...); despois de repoñer enerxía coa merenda visitamos Conservas Cambados onde vimos o proceso dende que o peixe chega a conserveira ata que está listo para vender no súper ademais de facer unha actividade de empacado de gominolas e por último visitamos aquarei public, un empresa de serigrafía na que nos ensinaron como se fan as chapas e as pañueletas que cada nen@o despois levou para a súa casa. MOITAS GRAZAS A ESTAS TRES EMPRESAS.

jueves, 5 de mayo de 2016

A VISITA ÓS BOMBEIROS NA VOZ DE GALICIA

Onte, o alumnado de infantil e do 1º ciclo visitou o Parque de Bombeiros do Salnés, as instalacións de Conservas Cambados e a empresa de serigrafía aquarei public. Foi unha mañá con moita actividade, pois ademais de visitar, os nen@s poidemos facer moitas cousas.
Pinchando aquí podedes ver a noticia da Voz de Galicia na que aparece a visita ós bombeiros. Estade atentos, nos próximos días poñeremos a presentación das fotos desta saída.

DÍA DO LIBRO

O pasado día 22 de abril no Cole da Armenteria celebramos o Día do Libro con diversas actividades: contacontos feitos polos alumn@s, recitado de poemas de Manuel María, presentación de libros feitos polos nen@s, feira do libro... Os nen@s de infantil representaron dous contos: una flor muy orgullosa (3 e 4 anos) e os Chibos Chibóns (4-5anos).