Nesta presentación podedes ver as fotos de diferentes actividades relacionadas co Nadal e do festival que celebramos o venres. Desexámosvos un BO NADAL a todos/as.
domingo, 21 de diciembre de 2014
CONTACONTOS PRIMEIRO TRIMESTRE
Podedes ver as fotos dos contacontos no blog "cole da armenteira" ou acceder directamente pinchando en cada mes.
domingo, 14 de diciembre de 2014
QUEN É O APALPADOR?
jueves, 13 de noviembre de 2014
MAGOSTO 2014
Onte no cole da Armenteira celebramos o Magosto. O tempo non nos permitiu celebralo como tiñamos pensado e tivemos que suspender os xogos populares pero fixemos outros xogos que tamén nos gustaron moito. Como dixo algún neno hoxe "profe onte foi o día máis pipa do mundo", como veredes nas fotos "pasámolo pipa".
jueves, 30 de octubre de 2014
SAMAÍN 2014
Hoxe no Cole da Armenteira celebramos o Samaín con un montón de actividades. Antes do recreo os nenos/as foron pasando por tres talleres moi divertidos: cociña, bisutería e maquillaxe, en todos se fixeron cousas relacionadas co Samaín como poderedes ver nas fotos; no recreo degustamos o que fixemos no taller de cociña e depois viñeron as actuacións musicais seguidas da entrega de premios do Concurso de Cabazas. Rematamos a mañán co truco ou trato.
En breve poderedes ver máis fotos no blog do Cole da Armenteira.
viernes, 17 de octubre de 2014
REMATAMOS O PROXECTO DAS UVAS E A VENDIMA
Hoxe levamos para a casa o traballo que fixemos sobre as uvas E a vendima. Nesta presentación están algunhas das actividades que fixemos.
prox vendima 14 - Movie Maker
prox vendima 14 - Movie Maker
VENRES DE CONTACONTOS
Hoxe comezamos cos Venres de Contacontos. Este venres os encargados de contarnos os contos en infantil foron Carla e María na aula de 3 anos e Esteban e Miguel na aula de 4 e 5 anos. Gústanos moito que os nosos compañeiros doutras clases nos veñen contar contos, é moi divertido.
viernes, 10 de octubre de 2014
PRÉSTAMO BIBLIOTECA (4 e 5 anos): VENRES
Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos comezamos co préstamo de contos da biblioteca. Poderemos ter o conto na casa durante unha semana pero o próximo venres temos que acordarnos de traelo para poder levar outro, e así todos os venres.
| BIBLIOTECA 2014-2015 |
martes, 30 de septiembre de 2014
RUTA DA PEDRA E DA AUGA 2014
Hoxe os nenos e nenas do Cole da Armenteira fixemos un tramo da Ruta da Pedra e da Auga. Pasamos unha xornada diferente e moi entretida: paseamos, escoitamos moi atento s o son da auga, visitamos a aldea de pedra, merendamos e xogamos... e algunha cousiña máis...
RUTA PEDRA AUGA 2014 - Movie Maker
jueves, 25 de septiembre de 2014
ZUME DE UVA, QUE RICO!!!
Hoxe no cole fixemos un rico zume coas uvas que trouxemos das nosas casas. É uha experiencia moi divertida que repetimos todos os anos. Nas fotos xa veredes canto traballamos!!!
ZUME 2014 - Movie Maker
miércoles, 10 de septiembre de 2014
BO COMEZO DE CURSO 2014-2015!!!
Hoxe comezamos un novo curso. O comezo do curso é un día moi especial porque nel conviven moitas sensacións e sentimentos: nervios, ilusión por ir ó cole dos maiores, coñecer as profes, a aula...
Este curso estamos repartidos en dúas aulas: os de 3 anos coa profe Iria e os de 4 e 5 coa profe Paula, en total son 19 nenos e nenas. NORABOA A TODOS!!!
Aquí vos deixamos as cariñas do primeiro día destes pequenos trasniñ@s.
Este curso estamos repartidos en dúas aulas: os de 3 anos coa profe Iria e os de 4 e 5 coa profe Paula, en total son 19 nenos e nenas. NORABOA A TODOS!!!
Aquí vos deixamos as cariñas do primeiro día destes pequenos trasniñ@s.
sábado, 28 de junio de 2014
INFORMACIÓN CURSO 2014-2015
INICIO DAS CLASES: MÉRCORES 10 DE SETEMBRO (de 9 a 2 da tarde)
HORARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN (3 anos)
MARTES DÍA 9 ÁS 5 DA TARDE (nesta reunión entregarase a lista do material necesario para o próximo curso)
HORARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN (3 anos)
- 10, 11 e 12 de SETEMBRO: de 10:00 a 13:00
- DENDE O DÍA 15 DE SETEMBRO HORARIO NORMAL
MARTES DÍA 9 ÁS 5 DA TARDE (nesta reunión entregarase a lista do material necesario para o próximo curso)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)