jueves, 19 de mayo de 2016

VISITA DUNHA ENFERMEIRA ESPECIAL

 Como xa vos dixemos, estamos traballando os oficios en infantil e estamos encantados de recibir calquer visita relacionada con este tema.
Onte animouse a vir ó cole a avoa dunha alumna de 3 anos que traballa nun xeriátrico (gerocultora, para os nen@as enfermeira dos maiores), a súa visita axudounos a entender a importancia desta profesión para axudar ós nosos maiores.
Primeiro contounos un conto (¿Qué le pasa a la abuela?), logo falounos do que facía no seu traballo, ensinounos algúns utensilios que emprega e incluso nos deixou probar o seu uniforme. Mirade que guapos estamos!!!
Moitísimas grazas por visitarnos! Se alguén máis se anima os nen@as e as profes estarán encantados de  recibirvos!





domingo, 8 de mayo de 2016

BOMBEIROS, CONSERVAS CAMBADOS, AQUAREI PUBLIC

O pasado mércores fixemos unha saída moi íntensa: a primeira hora visitamos os Bombeiros do Salnés (manipularon distintos aparellos que empregan os bombeiros, subiron ó camión, puxeron o casco, andiveron coa magueira...); despois de repoñer enerxía coa merenda visitamos Conservas Cambados onde vimos o proceso dende que o peixe chega a conserveira ata que está listo para vender no súper ademais de facer unha actividade de empacado de gominolas e por último visitamos aquarei public, un empresa de serigrafía na que nos ensinaron como se fan as chapas e as pañueletas que cada nen@o despois levou para a súa casa. MOITAS GRAZAS A ESTAS TRES EMPRESAS.

jueves, 5 de mayo de 2016

A VISITA ÓS BOMBEIROS NA VOZ DE GALICIA

Onte, o alumnado de infantil e do 1º ciclo visitou o Parque de Bombeiros do Salnés, as instalacións de Conservas Cambados e a empresa de serigrafía aquarei public. Foi unha mañá con moita actividade, pois ademais de visitar, os nen@s poidemos facer moitas cousas.
Pinchando aquí podedes ver a noticia da Voz de Galicia na que aparece a visita ós bombeiros. Estade atentos, nos próximos días poñeremos a presentación das fotos desta saída.

DÍA DO LIBRO

O pasado día 22 de abril no Cole da Armenteria celebramos o Día do Libro con diversas actividades: contacontos feitos polos alumn@s, recitado de poemas de Manuel María, presentación de libros feitos polos nen@s, feira do libro... Os nen@s de infantil representaron dous contos: una flor muy orgullosa (3 e 4 anos) e os Chibos Chibóns (4-5anos).

martes, 1 de marzo de 2016

SAÍDA A BAROSA

Hoxe visitamos o Parque natural de Barosa, foi unha saída moi entretida pois ademais de pasalo ben aprendemos moitas cousas de sementes, de  fariñas, dos muíños, dos fornos, de amasar... Pasámolo xenial como poderedes comprobar nas fotos!!!

sábado, 19 de septiembre de 2015

FACENDO ZUME DE UVA - COLLEITA 2016

O venres no Cole da Armenteira, como xa é tradición nos últimos anos, os nenos e nenas de infantil, elaboraron un riquísimo zume coas uvas que trouxeron das súas casas. Moitas grazas ás familias por colaborar. Xa veredes nas fotos como traballaron estes nen@s.

BENVIDOS Ó CURSO 2015-2016

AULA  3-4 ANOS

AULA 4-5 ANOS

martes, 1 de septiembre de 2015

INFORMACIÓN INICIO DO CURSO 2015-2016 (INFANTIL)


  • As clases comezan o xoves 10 de setembro.

  • REUNIÓN para as familias do alumnado de infantil: MARTES 8 de setembro ás 4 da tarde.

  • PERÍODO DE ADAPTACIÓN (3 ANOS)
    • DÍAS 10, 11, 14 e 15  de setembro: de 10 a 1 do mediodía.
    • Despois o horario é normal (de 9 a 2)

domingo, 21 de diciembre de 2014

NADAL 2014

Nesta presentación podedes ver as fotos de diferentes actividades relacionadas co Nadal e do festival que celebramos o venres. Desexámosvos un BO NADAL a todos/as.
 

CONTACONTOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Podedes ver as fotos dos contacontos no blog "cole da armenteira" ou acceder directamente pinchando en cada mes.



jueves, 13 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Onte no cole da Armenteira celebramos o Magosto. O tempo non nos permitiu celebralo como tiñamos pensado e tivemos que suspender os xogos populares pero fixemos outros xogos que tamén nos gustaron moito. Como dixo algún neno hoxe "profe onte foi o día máis pipa do mundo", como veredes nas fotos "pasámolo pipa".

jueves, 30 de octubre de 2014

SAMAÍN 2014

Hoxe no Cole da Armenteira celebramos o Samaín con un montón de actividades. Antes do recreo os nenos/as foron pasando por tres talleres moi divertidos: cociña, bisutería e maquillaxe, en todos se fixeron cousas relacionadas co Samaín como poderedes ver nas fotos; no recreo degustamos o que fixemos no taller de cociña e depois viñeron as actuacións musicais seguidas da entrega de premios do Concurso de Cabazas. Rematamos a mañán co truco ou trato.
En breve poderedes ver máis fotos no blog do Cole da Armenteira.

AS CABAZAS DA ARMENTEIRA NA VOZ DE GALICIA


viernes, 17 de octubre de 2014

REMATAMOS O PROXECTO DAS UVAS E A VENDIMA

Hoxe levamos para a casa o traballo que fixemos sobre as uvas E a vendima. Nesta presentación están algunhas das actividades que fixemos.

prox vendima 14 - Movie Maker

VENRES DE CONTACONTOS

Hoxe comezamos cos Venres de Contacontos. Este venres os encargados de contarnos os contos en infantil foron Carla e María na aula de 3 anos e Esteban e Miguel na aula de 4 e 5 anos. Gústanos moito que os nosos compañeiros doutras clases nos veñen contar contos, é moi divertido.






viernes, 10 de octubre de 2014

PRÉSTAMO BIBLIOTECA (4 e 5 anos): VENRES

Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos comezamos co préstamo de contos da biblioteca. Poderemos ter o conto na casa durante unha semana pero o próximo venres temos que acordarnos de traelo para poder levar outro, e así todos os venres.

BIBLIOTECA 2014-2015